Aprobada por unanimidade a moción de C21 en apoio a Banda de Música Popular de Tui.

Durante anos, a Banda Popular de Tui, auténtico emblema da música e da cultura no noso Concello, participou das instalacións do Conservatorio Municipal, de feito dende un punto de vista artístico e didáctico, atópanse intimamente ligados.
 
No obstante, durante os últimos meses a Banda Popular de Música de Tui foi expelida das instalacións do Conservatorio, unha decisión supostamente amparada nos protocolos do COVID 19, aínda así, foron desaloxados sen ningún tipo de comunicación previa nin escrito executorio. 

Dende ese momento empezou para a nosa Banda Popular un penoso periplo na procura de un local axeitado para ensaiar e para gardar o seu valioso e delicado material de ensaio. 

Tras buscar, estritamente pola súa conta, varias solucións transitorias agora atópanse nunha situación desesperada sen que se lle procure solución algunha dende o ente municipal.

Tanto é así, que onte a dirección da Banda emitiu un comunicado de SOS no que se solicita unha solución, máis tendo en conta o calendario de actuacións que se lles presenta e a necesidade perentoria de ensaiar o seu novo repertorio.

Polo tanto, por esta moción solicitamos ao Goberno que solvente a precariedade da ubicación da Banda Popular de forma inmediata e en triplo sentido:

1) Procura de un local de ensaio que cumpra as medidas protocolarias COVID 19 e que acusticamente sexa aceptable.


2) Ese local de ensaio debe ter un espazo para gardar de forma operativa e segura o material. Cando falamos de seguridade referímonos as medidas anti-roubo e de salubridade para os instrumentos.


3) Unha oficina administrativa para que a banda poda tramitar a súa actividade artística e promocional.


Publicacións populares deste blog

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.